Traballa
ao teu aire.
Á beira do mar.

Interior de Nodo, con vistas ao mar
Cartel Nodo con foto de redeiras de Ribeira

Cada unha coa súa rede. Todas no mesmo peirao.

As redeiras de Ribeira remendaban as súas redes xuntas, sen necesidade de falar todo o tempo.

Nodo colle ese nome e esa idea: traballo independente, espazo compartido. Ti ao teu, con boa xente arredor para apoiarnos cando fai falta.

Abertos en modo de probas. Xa sodes benvidos.

As mesas xa están postas, o wifi funciona e o café tamén. Seguimos afinando algún detalle, pero xa podes vir velo en persoa. O día a día, en @nodo_coworking.

10 postos
2min do porto
probas estado

Avenida do Malecón 26

15960 Ribeira · fronte ao paseo

Preguntas frecuentes

Xa estades abertos? Si, en modo de probas. Seguimos afinando detalles, pero podes vir cando queiras.
Cantos postos hai? Dez. Preferimos poucos e ben.
Canto custa? Dende 15€/día o posto flex.
Podo ir un só día? Si. Hai día solto, bono e mensual. Sen permanencia.
Podo pasar velo antes de apuntarme? Claro. Escríbenos a info@nodocoworking.com ou por Instagram e amosámosche o espazo.

Apúntate. Son dez sitios.

Estamos en modo de probas: escríbenos e confirmámosche o teu sitio.